centroneuralmente.com

Coñécenos

Sandra Fernández Caamaño

Colegiada Número: G-4544

PSICÓLOGA SANITARIA ESPECIALIZADA EN NEUROPSICOLOXÍA

Sobre min

Ola! Son Sandra Fernández, directora e psicóloga sanitaria en NeuralMente e esta é a historia que me fixo chegar ata aquí.

Licencieime en psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2011. Dende que comecei a estudar sempre me interesei polo ámbito clínico e tiven unha clara vocación polo traballo directo coas persoas. As prácticas que realicei en diferentes centros sanitarios mentras finalizaba os estudos de psicoloxía reforzaron o meu desexo de enfocar a miña carreira profesional no ámbito clinico. Posteriormente, formeime durante dous anos en psicoterapia e en terapia familiar sistémica na Unidade “Venres Clínicos” da USC. Ó mesmo tempo, inicio a miña andadura profesional realizando valoracións psicolóxicas en diferentes psicotécnicos. O meu afán por seguir enriquecendo os meus coñecementos lévame no ano 2014 a estudar o posgrao en Psicooncoloxía a través do Instituto Superior de Estudos Psicolóxicos.

En ese mesmo ano, comezo a traballar como psicóloga sanitaria nun centro médico, no cal exerzo durante 5 anos. Paralelamente, interésome polo estudo da relación entre cerebro e conducta e polos diferentes trastornos neurolóxicos polo que no ano 2016 curso os estudos de Máster en Neuropsicoloxía a través da Universidade Oberta de Cataluña, co cal descubro un mundo fascinante e apasionante. É entón polo que no ano 2017 comezo a traballar como neuropsicóloga nun centro de rehabilitación do dano cerebral e outros trastornos neurolóxicos, labor que compaxinaría coa de psicoterapeuta durante os seguintes tres anos.

A miña maternidade no ano 2020, obrígame a parar e cambiar de rumbo, momento no que decido botar a andar un dos proxectos que sempre me ilusionou, crear e dirixir o meu propio espazo de traballo na vila na que resido, en Rianxo. Un ano despois, en xullo do 2021, nace NeuralMente, pensado por e para as persoas de todas as idades que precisen un servizo de psicoloxía, neuropsicoloxía ou logopedia sen necesidade de desprazarse do concello. Dende entón, son a persoa encargada de dirixir o centro e a profesional que leva a cabo os servizos de psicoloxía e neuropsicoloxía.

Actualmente, compaxino a miña labor profesional cunha continua formación, acudindo a diferentes cursos e xornadas cun obxetivo ben claro, adquirir novas aprendizaxes, actualizar contidos e enriquecer o meu traballo diario con novas técnicas e ferramentas.

A miña formación

Uxía Silva García

Colegiada Número: 15/582

LOGOPEDA

Sobre min

Ola! Son Uxia, logopeda do centro dende o 2022.

Gradueime en logopedia no 2017 sendo nese mesmo cando comezo a miña traxectoria profesional en diferentes centros da comarca.

Dende que iniciei a carreira sabía que o ambito que máis me gustaba era aquel dirixido á infancia. A realización de diferentes practicas xunto coa posterior traxectoria profesional reforza a miña vocación polo traballo dirixido á poboación infanto-xuvenil.

Comezo o meu camiño laboral traballando con poblacion infantil e adulta. No ano 2019, mentras exerzo como logopeda nunha asociación con población adulta, decido cursar un máster en desenvolvemento infantil e atención temperá o cal me da a oportunidade de poder traballar durante varios anos nunha unidade de atención temperá con poboación de 0 a 6 anos.

Posteriormente decido complementar a miña formación e realizo estudos de experto en evaluación e intervención no trastorno especifico da linguaxe (TDL) xunto con outras formacións en trastornos da fala, terapia miofuncional, vendaxe neuromuscular e uso de PECS

A miña formación

Noelia Santos Alonso

Colegiada Número: G-5565

PSICÓLOGA GENERAL SANITARIA, ESPECIALIZADA EN NEUROPSICOLOXÍA

Sobre min

Ola! Son Noelia Santos, psicóloga sanitaria en NeuralMente dende 2023.

Gradueime en psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela no ano 2014. Dende o inicio tiven interese polo ámbito clínico e pola relación entre o cerebro e a conducta, o cal me levou a realizar as prácticas nun centro de neurorrehabilitación e, posteriormente, a realizar os másteres en Psicoloxía Xeral Sanitaria e Neuropsicoloxía Clínica (2014-2016).

Comezo a miña andadura como psicóloga sanitaria nun gabinete privado onde traballo tanto con adultos como con nenos, e o compaxino con valoracións neuropsicolóxicas nun centro médico privado, nos cales adquirín gran parte da miña experiencia como psicoterapeuta e neuropsicóloga. Posteriormente, comecei a formar parte dun Proxecto de Autonomía Persoal (Xunta de Galicia) onde a miña labor se centra na rehabilitación cognitiva de persoas de todas as idades que acaban de adquirir unha discapacidade por un dano cerebral ou presentan algún trastorno do neurodesenvolvemento.

Ademais, non deixei nunca de seguir formándome e actualizándome con diversos cursos de especialización (estimulación multisensorial en salas Snoezelen, terapia acuática, ADI-R, ADOS-2…).

Na actualidade, formo parte do equipo NeuralMente como psicóloga sanitaria e neuropsicóloga dende o 2023.

Cristina Ramos Hermida

Colegiada Número: 15/290

LOGOPEDA

Sobre min

Ola! O meu nome é Cristina e formo parte do equipo de Neuralmente dende que abriu as
súas portas no ano 2021. Son diplomada en logopedia pola Universidade da Coruña e
graduada en Mestra de Educación Infantil pola Universidade de Santiago de Compostela.
A miña vocación sempre foi poder axudar ós demáis a ter unha vida máis funcional, feliz e
plena. Por iso me embarquei na aventura de rehabilitar a comunicación, a linguaxe e
funcións tan básicas como comer ou poder controlar a respiración de maneira óptima.
A miña andadura profesional comezou especializándome en dano cerebral (realicei
formación no concepto Bobath, integración sensorial, terapia miofuncional, concepto INN,
atención temperá e en TEA…) traballando durante 9 anos niste campo. Dado o meu
interese polo escolar e a inquietude polos trastornos da linguaxe e da comunicación, decidín
combinar o campo do dano cerebral e a logopedia escolar e seguir formándome niste último
ámbito ( curso de comunicación en linguaxe de signos española, evaluación e intervención
no trastorno do desenvolvemento da linguaxe, TFG «A repercusión emocional da dislexia», e
curso de » Experto en dislexia e lectoescritura” entre outros).
Tras máis de 12 anos de experiencia, o meu compromiso segue sendo o mesmo, seguir
evolucionando profesionalmente para ofrecer un servizo de calidade que contribua ó
benestar das persoas

Contacta connosco